lunes, 10 de junio de 2013

jueves, 16 de mayo de 2013

San Isidro manualizador



Éche o que ten o mal tempo, que se está tan ben na casiña facendo cousas creativas. Así que onte seguín lanzada á producción de máis cousas de plástico máxico.




O motivo do recortable co que lle fixemos á María a tarxeta deu moito de si (xa se sabe que o que garda sempre ten)


Na peza que me quedaba de cor mate decidinme a facer este debuxo de Luis Seoane que me encanta.










O resultado final quedou ao borde da queimadura e burato quedou un pouco chafado





Nun rentrinco aprobeitei para facer este moucho, que irá montado nunha pulsera elástica (na miña cabez xa está ben cadrado o deseño


A nena de Castelao deu para unha 2ª versión coloreada para facer un broche (pena de bordes que quedaron algo revirados)


E xa o último experimento da tarde foron as "súpernenas"



Tamén fixen un sello novo cunha cámara de fotos retro pero non lle debín de facer foto ...



domingo, 12 de mayo de 2013

Reducindo ...



... con esa técnica flipante chamada "Plástico Mágico" nun novo taller da Fábrica de Texturas

Kit de Fábrica de Texturas e miniaturas feitas

A técnica consiste en facer o motivo decorativo sobre unha lámina de acetato -utilizamos as da casa inglesa Shrink Art-  (para darlle cor poden utilizarse rotuladores permanentes, lápices de cores -dos de madeira de toda a vida- ou rotuladores para uso textil, aínda que con estes o resultado queda máis trasclúcido).

Unha vez perfilado e recortado o motivo E feito o buratiño se se quere de colgante), aplicando calor a 180ºC o acetato vai reducir 7 veces e aumentar o seu espesor. Para facer tal "maxia" utilízase unha pistola de calor aínda que tamén se pode facer nun forno eléctrico 3 minutos tamén a 180 (aínda que o control dos movementos e dobleces que vai facendo o material ao quentarse, ten que ser mortal).


No taller de 3 horas poden facerse tranquilamente 5 motivos e levalos montados nas pezas de formitura que se inclúen. Os resultados, aquí van:

As zapatillas de ballet están coloreadas con lápices e o silueteado faise cun  Staedler permanente de talla S


Faro según o modelodo "souvenir" de Laxe



Chaveiro con ilustración de Banksy


A peza máis bonitiña é sen dúbida esta reproducción dun debuxo de CAstelao



Por internet -ademáis dos de Fábrica- hai varios tutoriais e os materiais tamén se poden mercar on line a través de e-bay directamente as tendas inglesas, en páxinas como holamamashop ou creactividades.es ou en tendas físicas como Bámbola Creativa.
Teñon que facerme coa pistola xa, para seguir creando!!!

sábado, 13 de abril de 2013

Carvar, carvar, carva sin parar ...


Aquí o lote co que saín onte do fantástico curso de Carvado de sellos que nos impartiu Gabi de Fábrica de Texturas

As miñas creacións da productiva tarde de venres

Explicounos un pouco a filosofía do seu proxecto: recuperar técnicas tradicionais dentro da filosofía do "DIY" (Do It Yourself = Faino ti mesmo), recomendacións de productos, calidades (cales dos barateiros non usar baixo ningún concepto), outras alternativas máis de "andar por casa" como utilizar pranchas de foam para estampación en papel (como a bolsiña de I love printing do material).



A miña bolsa de mouchos quedou do máis molona ¿non si?



A verdade é que nos quedaron unhas bolsas moi chulas e variadas nos seus estilos (xa poñerei o enlace en canto suban as fotos que nos fixemos).

En fin que xa me tarda empezar a buscar debuxos e novas ideas para seguir estampando: carvar, carvar TODO É EMPEZAR!!!

martes, 2 de abril de 2013

Sábado de gloria



Tarta de Santiago capitalina ... ummm,. está tan boa como parece


O visionado de compañeiro/as da foto provoca salivación e peticións de "ay, podemos probar?"

jueves, 28 de febrero de 2013

MANUALIZANDO EN COMPOSTELA



Durante o mes de marzo impartiranse en Compostela varios talleres para aprender a facer cousiñas creativas (encuardernación xaponesa, plástico máxico e carvado de sellos) impartidos pola xente de  Fábrica de Texturas. A súa duración é dunhas 3 -4 horas, inclúen os materiais, a merenda e un kit para continuar "manualizando" na casa.

Tamén ofrecen a posibilidade de mercar as súas caixiñas de Faino tí mesmo (DIY), cunhas pequenas instrucción e os materiais necesarios para aprender as técnicas básicas (os de encadernación e estampado en algodón teñen moi boa pinta)

Máis información sobre os talleres en Santiago AQUÍ

A través do disquecool, vexo que Santiago xa conta, desde decembro, con Dulces y Saladas un espazo onde atopar o necesario para sacarlle partido á creatividade. Os sábados tamén organizan pequenos talleres que van desde a decoración dos consabidos Cupcakes ata a creación de albumes con recortes (isto que agora se lle chama scrapbooking)


miércoles, 27 de febrero de 2013

Me encanta que los planes salgan bien


Actividades "extraescolares" para a noitiña do luns:



Facer a miña segunda empanada "chispas" e aprobeitar a fornada para facer tamén un biscoitiño

Aquí vai o resultado


EMPANADA DE ZAMBURIÑAS

¿E logho qué leva?
1 cebola
1 pemento roxo
1 lata de zamburiñas do Gadis
Pementón doce da Vera
1 paquete de masa de hojaldre do Mercadona
1 ovo batido para pintar
Maquinaria empregada
Forniño srta Pepis do LIDL

Acompañamento musical: Ataque Escampe, álbum A Grande Evasión



BISCOITO DE IOGUR E MAZÁ

Cousiñas que leva
3 ovos enteiros e 3 claras (sobrantes doutro amago culinario) montadas a punto de neve
1 iogur grego do Mercadona
2 vasos de azucre branco
2 vasos e medio de fariña
1/2 sobre de levadura
A raiadura e o zume dun limón
2 mazás golden pasadas en mantequilla e canela
1 chorriño de aceite



viernes, 22 de febrero de 2013

MORE ILUSIÓN, PLEASE

Esa é a actitude!!!
(máis ilusión e menos pedir cousas)



Primeiras declaracións da nosa nova xefa:

(...) Adelanta que su prioridad es “abrir la BNE a todo el mundo” y “que todos los ciudadanos sepan que es suya, por eso las actividades son una parte esencial”.  Es consciente del panorama con el que se encuentra: “La situación económica no es buena en ningún sitio y hay que trabajar con ilusión más que con recursos”.
Sobre a primeira parte da declaración ¿qué dicir? Qué manido o de abrir a biblioteca (calquer día destos danlle a chave aos cidadáns madrugadores a así afórranlle traballo ao garda de seguridade)

E o de traballar con ilusión, supoño que o terá que aplicar a sí misma porque o de pasar de directora de aquivos e bibliotecas do Ayuntamiento á dirección xeral da Biblioteca principal do Estado seguro que supón unha merma nas súas retribucións por estas cousiñas das Administracións do "y yo más"

miércoles, 20 de febrero de 2013

Bélxica así rápidamente



Coa idea de darlle un pouco de vida ao blog,que está máis parado que a axenda social do ex- xenro do Rei (ai non, que de momento soamente é ex-duque), publico un resume en imaxes da visita ás terras belgas durante os días do Antroido.

O paraíso dos larpeiros




Como a viaxe ía plantexada o máis low-cost posible, a compra de chocolates solucionámola mercando os packs variados de 5 caixas (a 9,90€ en Bruselas, o prezo estándar) que traía os imprescindibles froitos de mar, as trufas, e bombóns variados. Tamén existía a posibilidade de mercar 5  de bombóns recheos, así que optamos por facer intercambio de variedades.
O de mercar os chocolates ao peso tampouco era unha opción excesivamente cara (non atopamos o obrador de Laurent Gerbaud cos seus productos de 80-120€ o kilo), os prezos estaban claramente expostos, salvo en establecementos de máis luxo como os de Godiva


 ¿Alternativa ao €uro por receta? Non é mala idea o cacao ten propiedades relaxantes


O tema do "zumo de cebada" foi amplamente valorado polos paladares cerveceiros máis esixentes e polos que menos -como é o meu caso- practiquei a gusto esas pseudoaberracións coma pedir a Krier (cervexa de cereixa) ou a de mazá que estaba boísima

Cervecitas para xente floxa



E como non todo vai ser beber así ao tolo, sin un coñecemento visitamos a fábrica de The Halve Maan en Brujas, que gañou por goleada á da Guinness (como visita en sí, o da Guiness foi legendario). É un sitio moito máis pequeno, levamos unha guía que facía gracietas desde a imperturbabilidade (¿será o sentido do humor belga ou a repetición diaria da visita?).

NOTA PRÁCTICA: Air Europa non cobra por facturar equipaxe, así que deixarse levar polo consumismo cerveceiro non implica sumarlle gastos ao billete.

O aspecto gastronómico caracterizouse pola proba de comida rápida nas súas variantes hamburguesas e donner kebab. Iso sí, sempre co frites a darlle polo pé


O das fritas está moi ben, pero ¿Acaso non coñecen as patacas en branco ou á panadeira?
Belgas: ahí vos deixo a idea


En Gante o gran plan de comer costillas a la volonté quedou fastidiado polos horarios de apertura dos locais: a partir das 6 da tarde!!! Qué boa dixestión e boa durmida (se ve que non coñecen as últimas teorías nutricionais da inxesta de calorías a partir da media tarde). Éche o que ten o "Día do Medio": que a viaxe pode empezar a torcerse.
A visita a Gante quedou medio recomposta coa visita e degustación das jenevers no bar de Pol t'dreupelkot

Outra ronda Pol!!!




E para que conste en acta: Bruselas non é ese sitio tan merdeiro (bueno quizáis este non sexa o adxectivo aplicalbe, dado o seu costume de deixar as bolsas de lixo na rúa) ... deixémolo en que a opinión foi: ¿non sei porque a xente bota tantas pestes desta cidade?. Aínda que recoñecemos que o do neno mexón como icono da cidade é bastante lamentable.

Ata o amigo Magritte parece ter vergoña do Manekken Pis


A conclusión da viaxe foi un síndrome de Estocolmo en toda regla, con comentarios tipo: porque temos xa os billetes de volta, que senón quedábamos ata a fin de semana ...